Lei da Moeda de 1873 (Estados Unidos)

Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da Moeda
Lei pola que se revisan e emendan as leis relativas ás casas de moeda, ás oficinas de ensaios e á moeda dos Estados Unidos

Lei da Moeda de 1873

Promulgación12 de febreiro de 1873
Texto17 Stat. 424
SignatariosPresidente Ulysses S. Grant

A Lei da Moeda de 1873 dos Estados Unidos (en inglés: Coinage Act of 1873)[1] foi unha lei que supuxo unha revisión xeral das leis anteriores relativas á moeda e ás casas de moeda dos Estados Unidos.

Esta lei estableceu un padrón ouro de facto, ao pór fin ao dereito que tiñan os posuidores de prata de convertela en dólares de prata na Casa da Moeda, ao tempo que permitía aos posuidores de ouro seguir a converter o seu metal en diñeiro. Outras das novidades da lei foron a creación do dólar de comercio, cun curso legal moi limitado e destinado ao seu uso no Extremo Oriente, así como a supresión de tres moedas de escaso valor facial.

A controversia xerada pola Lei da Moeda de 1873 fixo que os seus detractores a coñecesen como o Crime de 1873.

  1. Bureau of the Mint (1904). Páxina 66.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search